Celebración do Certame poético homenaxe a Rosalía de Castro

O pasado sábado festexouse o Certame Poético Homenaxe a Rosalía de Castro que organiza a Concellaría de Cultura con Ana Bello á cabeza, en coordinación coa Rede Municipal de Bibliotecas e na que participou rapazada de 4º, 5º e 6º de Primaria. Nesta ocasión contamos coa participación e colaboración do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo e do CEIP de Galán (Oseiro).

A nosa particular homenaxe a matriarca das letras galegas foi un éxito de participación da rapazada e das persoas que asistiron ao recitado dos poemas presentados a concurso.

Na seguinte ligazón tedes as fotografías da diferente rapazada participante, a parte política que nos acompañou e o xurado formado por Marisa Irimia Palmeiro e Lily Castro Ron: https://photos.app.goo.gl/UhYeNtB4jn5wrK5j7

Toda a rapazada recitou o seu poema estupendamente, pero como había que dar un gañador/a absoluto/a resoltou Antón Mosquera González de 5º de Primaria co seu poema «Niños Digitales».

Podes ver todo o certame na nosa páxina de Facebook ou en Youtube.

Se queres ler o poema gañador, tes o seu texto aquí:

Moitísimas grazas a todas e todos por participar nesta nova edición.

Deja un comentario

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close