Finaliza este mes do libro e queremos darlle un toque final que vos pode resultar de interese. Como xa sabedes, desde hai tempo tedes á vosa disposición o OpacWeb SophiA: a nosa plataforma web para que podades consultar o catálogo, renovar e reservar libros, mirar os vosos movementos como persoas usuarias da biblioteca que sodes…
Desde as bibliotecas do Concello queremos axudarvos a sacar o mellor partido posible á información dos nosos fondos e que podades visualizar con facilidade aqueles libros ou películas que desexades levar para o domicilio ou consultar nos nosos centros bibliotecarios.
Para elo, introducimos unha serie de bibliografías que, según o seu título, indican o tipo de libros que contén. Xa clicando nela poderedes ver os documentos dos que dispoñemos.
Antes de seguir adiante, se non tes o teu código de persoa usuaria e contrasinal, recorda que tes que ser asociada ou asociado e solicitalo na túa biblioteca (preme aquí para ver os teléfonos das bibliotecas e horarios de atención ao público).
Bibliografías:
As bibliografías conteñen os libros engadidos por nós durante os dous últimos anos.
Se queredes ver máis libros de cada fondo, teredes que ir a materias e alí poñer: «Primeiros lectores«, «Segundos lectores«, etc… para ollalos todos.
Cada pouco tempo, iremos introducindo as novidades en cada bibliografía para que esteades ao día das incorporacións.
Novela Adulto:
Para unha mellor información, introducimos diferentes tipos de novela, tratando libro por libro, para que podades ter unha idea máis exacta se buscades un xénero concreto. Así, puxemos as seguintes diferenciacións: Aventuras, Romántica, Ciencia Ficción, Terror, Histórica, HuMor, Policíaca e Negra, Fantasía e Política.
Para coñecer a relación de cada unha delas, tedes que ir a materias e poñer Nov. (nov punto) e o xénero que queirades dos que vos enumeramos anteriormente que temos no noso catálogo. Así mesmo, podedes discriminar por anos de edición para completar a busca.
Na propia biblioteca atoparedes estos diferentes xéneros xa introducidos nos libros de xeito que levarán unha inicial na parte superior do lombo.
Por exemplo, Novela Histórica: H; Novela Romántica: R, etc… o que facilita visualmente a busca presencial na sala.
Certo é que esta subdivisión é subxectiva polo que non estaremos sempre dacordo, nalgúns casos, con xéneros que podedes ver vos como diferentes aos que atoparedes. Trátase de dar unha información xeral da que, na súa maioría, estaremos dacordo.
Películas Adulto:
Presentamos este catálogo de xeito similar ao da narrativa. Así, os diferentes xéneros que utlizamos para o DVD – película son os mesmos que para a novela pero engadindo dous mais: W – Western ou películas do Oeste e M – Películas Musicais.
Casos Concretos:
Aparecerán, en ocasións, bibliografías que informarán sobre asuntos, persoas, eventos, etc… que iremos introducindo e quedarán activas durante un tempo concreto. Estarán ligadas, por exemplo, ao Día das Letras Galegas, Día Internacional da Muller… etc. No mundo das bibliotecas denomínase centros de interese, pero estarán en SophiA de maneira virtual.
App para teléfonos móbiles e tablets:
Esta é a información básica que debedes saber sobre o uso do Opac Web SophiA.
Agora é moito máis cómoda coa aplicación móbil que podedes instalar nos vosos smartphones ou tablets. Aquí deixamosvos as imaxes dos códigos QR para acceder directamente se premedes na ligazón, ou escaneades cos vosos dispositivos. En Android e iOs (Apple).
Xa sabedes que, para calquera consulta ou información que precisedes, tedes os medios de contacto habituais: Teléfono da Biblioteca Central 981 659106, de Oseiro 981 601945, de Meicende 981 274027, de O Froxel 981 601574 e de Pastoriza 981 644233; e no correo electrónico biblioteca@arteixo.org