Ler Conta Moito nas Bibliotecas de Arteixo, 2022.

Como cada ano, a Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo pertencente á Concellería de Cultura, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia, realiza a programación de actividades dentro do programa Ler Conta Moito, que traerá moitísimas actividades de contacontos e obradoiros ás bibliotecas de Arteixo.

Como sempre, tes que ter en conta que as actividades (agás as que especifiquen outras idades) serán de 4 a 11 anos, as 18.30 horas e que haberá que realizar inscrición previa que realizaremos a partir do día 14 de setembro.

O calendario das actividades é o que segue, repartido por bibliotecas e datas. Busca a túa biblioteca e anota!

BIBLIOTECA DE OSEIRO «DORA VÁZQUEZ». Tel. 981 601945 (inscricións a partir do día 19 de setembro).

O luns 26 de setembro:

Os Carballiños con «Contos animados». Contos, historias dos que sairan os persoaxes para compartir connosco as súas aventuras. Contos Animados é un espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques, participación, diversión e moito máis.

O luns 3 de outubro:

Brais das Hortas con «Consertasso na horta». Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos – como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.

O luns 17 de outubro:

Tarabelos con «O traxe novo do rei». Un traxe especial, para un rei especial. Aquel traxe novo e máxico prometía ser un capricho inigualable, e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte. Podería ser certo? Funcionaría? Dalgún xeito si; pero non como él o esperaba.

BIBLIOTECA DE O FROXEL «FRANCISCO A. VIDAL». Tel. 981 601574.

O martes 27 de setembro:

Trinketrinke con «Aprendendo a Querer». Os ratos e ratiñas de Lonxedetodo saben da importancia de tratárense os uns aos outros con respecto, coidado e cariño. Saben que isto é fundamental para teren unha boa saúde afectiva e para establecer cos demáis relacións afectivas sás, arredándose de relacións de dominio, dependencia ou abuso.  E hai contos que nos axudan a identificar unhas e outras. 

O martes 4 de outubro:

Mago Paco con «Unha maxia diferente». Espectáculo reivindicativo onde a través de historias e xogos de maxia traballa as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflexados. Traballa a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo. Ser diferente é o mais divertido e xenuino que temos os seres humanos.

O martes 18 de outubro:

Al Guanella con «Conversas con Tana». Conversas con Tana é un espectáculo teatral, baseado na ventriloquía onde un granxeiro e a súa cadeliña Tana, manteñen unha fluída e divertida conversa acerca de diversas cuestións caninas e humanas, no que se combinan o humor, ensinanza e sensibilidade. O show consta de divertidas cancións.

BIBLIOTECA DE MEICENDE «ANTÓN CASTRO». Tel. 981 274027.

O mércores 28 de setembro:

Leo Leíño con «Habelas hainas». Acompañamos a Leo Leiño nunha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas, porque non cremos nas meigas, pero «habelas hainas»

O mércores 5 de outubro:

Pakolas con «Ramona Órbita, a dona do tempo». En Ramona Órbita, a dona do tempo, Pakolas presenta o seu último libro-cd. Conta e canta a historia de Ramona, unha muller labrega e científica do Courel, que posúe unha horta cibernética e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento, coa que viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo máis ecolóxico. Todo co seu estilo rockeiro que entusiasma ao público.

O mércores 19 de outubro:

Electra Menéndez con «Papelarte: obradoiro creativo». Todos os días usamos papel para moitas cousas. Pero… Algunha vez pensaches en facer unha escultura con el? Achégate a este obradoiro e descubrirás como crear as túas pezas tridimensionais. Crea unha figura do teu personaxe favorito cunha técnica milenaria, usando só papeis reciclados, un pouco de engrudo e toda a túa imaxinación.

BIBLIOTECA DE PASTORIZA «MIGUEL SANDE». Tel. 981 644233.

O mércores 28 de setembro:

Pakolas con «Ramona Órbita, a dona do tempo». En Ramona Órbita, a dona do tempo, Pakolas presenta o seu último libro-cd. Conta e canta a historia de Ramona, unha muller labrega e científica do Courel, que posúe unha horta cibernética e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento, coa que viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo máis ecolóxico. Todo co seu estilo rockeiro que entusiasma ao público.

O mércores 5 de outubro:

Brais das Hortas con «Contos para caghar patatillas». A Santa Compaña cantando un trap, o home do saco, a verdadeira canción de como morreu tranquilo, un ataque de salouco, unha base creada ao vivo cunha loop station, sete bruxas que voan de Moaña a Sevilla nunha barca, instrumentos de refugallo creados en directo… e moito máis. Un espectáculo para morrer de medo….ou de risa!

O mércores 19 de outubro:

Dani Blanco con «Historias desde o outro lado da raia». Desde o noso pais veciño, co que compartimos lingua e cultura, chéganos uns contiños que ao escoitalos vas quedar abraiado/a. Contos que parecen de aquí e que nos levarán de viaxe máis alá de Galicia e de Portugal, imos viaxar por mundos fantásticos.

BIBLIOTECA CENTRAL DE ARTEIXO «HENRIQUE RABUÑAL». Tel. 981 659106.

O xoves 29 de setembro:

O mago Teto con «A maxia dos contos». ABRACADABRA! O mago Teto saca do seu sombreiro un show no que se mistura a narrativa de contos e xogos de maxia. A actividade consta dunha antoloxía de 7 contos que abordan de maneira central a figura do ilusionista, cos seus coellos, cartas e variñas. E por arte de maxia cada conto, vai acompañado dun xogo relacionado coa historia. Porque hai moita maxia na literatura e moita literatura na maxia.

O xoves 6 de outubro:

Trinketrinke con «Aprendendo a querer». Os ratos e ratiñas de Lonxedetodo saben da importancia de tratárense os uns aos outros con respecto, coidado e cariño. Saben que isto é fundamental para teren unha boa saúde afectiva e para establecer cos demáis relacións afectivas sás, arredándose de relacións de dominio, dependencia ou abuso.  E hai contos que nos axudan a identificar unhas e outras.

O xoves 20 de outubro:

Dani Blanco con «Historias desde o outro lado da raia». Desde o noso pais veciño, co que compartimos lingua e cultura, chéganos uns contiños que ao escoitalos vas quedar abraiado/a. Contos que parecen de aquí e que nos levarán de viaxe máis alá de Galicia e de Portugal, imos viaxar por mundos fantásticos.

Recorda chamar para reservar a túa praza. Chama ao teléfono de cada biblioteca na que haxa a actividade da cal precisas máis información.

Deja un comentario

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close