Mes do libro nas Bibliotecas. Abril de 2022.

Chega o mes do libro á Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo. Recuperamos moito do que viñamos realizando outros anos, incluso antes da pandemia e por suposto, qué ledicia da recuperarlle o pulso ás actividades con todas e todos vos!

Cabe destacar que o sábado día 23 de abril sairemos de novo ao Feirón a repartir libros procedentes de expurgo ou doazóns particulares. Teremos a Teatro Calavera para animar a nosa presenza nas rúas de Arteixo.

Lembra que os contacontos son actividades para rapazada de 4 a 11 anos e que os bebecontos son de 1 a 3. Todas as actividades son previa inscrición e ás 18.30 horas, agás as que especifiquen outros horarios.

Luns 4, na Biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez”, Trémola Teatro con “A nena que se comía todos os contos”.

Martes 5, na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal”, Marisa Irimia con “Sopa de contos”.

Mércores 6, na Biblioteca de Meicende “Antón Castro”, Lisístrata con “Tecendo soños”.

Mércores 6, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, BEBECONTOS con Marisa Irimia en “Pekecontos”.

Mércores 6, na Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”, Caxoto con “Un conto na punta do pé”.

Xoves 7, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, Trémola Teatro con “A terrorífica historia de Aba”.

Xoves 7, na Biblioteca de Meicende “Antón Castro”, BEBECONTOS con Marisa Irimia en “Pekecontos”.

Sábado 9, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, Kids & Us en “Storytime for Kids”. Para rapazada de 4 a 7 anos e ás 11.30 horas.

Mércores 20, na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo, BEBECONTOS con Caxoto en “O berce das verbas”.

Xoves 21, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal” con Teatro Calavera en “Animaladas na selva”.

Xoves 21, na Biblioteca de Meicende «Antón Castro» nun BEBECONTOS con Caxoto e «O berce das verbas».

Luns 25, na Biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez”, Caxoto con “Un libro baixo a almofada”.

Martes 26, na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal”, Iván Serrano con “Caixas, caixas e máis caixas”.

Mércores 27, na Biblioteca de Meicende “Antón Castro”, Iván Serrano con “Pensamentos e sentimentos”.

Mércores 27, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, BEBECONTOS con Olga Abad en “A biblioteca que viaxaba no tempo”.

Mércores 27, na Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”, Lisístrata con “Contos moi naturais”.

Xoves 28, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, Lía Magalia con “Bea Baila”.

Xoves 28, na Biblioteca de Meicende “Antón Castro”, Bebecontos con Olga Abad en “O Rato Cesar”

Sábado 30, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, Kids & Us en “Storytime for Babies”. Para rapazada de 1 a 3 anos e ás 11.30 horas.

Podes descargar o cartel que fixemos para este mes, aquí:

Para anotarse ou recibir información adicional, podedes chamar aos teléfonos das diferentes bibliotecas, nos horarios que tedes na seguinte ligazón.

Deja un comentario

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close