Concurso poético homenaxe a Rosalía, 2022.

A Concellaría de Cultura que dirixe Ana Bello, a través da Rede de Bibliotecas Municipais de Arteixo convoca Concurso Poético de Homenaxe a Rosalía de Castro.

Imaxe promocional do noso concurso

Tedes as bases do mesmo na ligazón que segue a continuación:

É un concurso orientado para a rapazada alumna de 4º, 5º e 6º de Primaria que desexe participar, e que mostrando a súa capacidade poética pode gañar diferentes premios na forma de lotes de libros e unha tablet para a gañadora ou gañador absoluto entre toda a rapazada participante.

Esta homenaxe poética vense a festexar arredor do Día de Rosalía. O recital poético dos poemas compostos e a entrega de premios celebrarase o día 26 de febreiro ás 11.30 horas na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal».

Para calquera dúbida ou aclaración podes chamar ao teléfono 981 659106 ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org.

Inspírate e participa co teu poema!

Deja un comentario