Actividades de Animación nas Bibliotecas.

Logo do verán retomamos as actividades nas nosas bibliotecas de Arteixo.

Temos unha chea delas como podedes comprobar na seguinte relación.

Algunhas son organizadas polo concello e outras, en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia co programa Ler Conta Moito.

Todas as actividades que podedes atopar na seguinte relación terán como horario de realización ás 18.30 horas, agás os bebecontos con Kids and Us que se realizan os sábados ás 11.30 horas.

O aforo máximo de cada actividade será de 10 nenas e nenos por inscrición. Nos Bebecontos 6 nenas e nenos acompañadas por unha persoa adulta (é decir, 12 máximo), tamén por inscrición. As inscricións na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» realizaranse a partir do luns día 20 de setembro.

Así mesmo, lembrade que as actividades de BEBECONTOS son para idades comprendidas entre os 1 e 3 anos, e o resto de 4 a 11.

Haberá máis actividades en novembro e decembro… 🙂

SETEMBRO:

Luns día 27, na Biblioteca de Oseiro (Teléfono 981 601945): RIGOLETTO TEATRO con «Cantando con Pinocho».

Martes día 28, na Biblioteca de O Froxel (Teléfono 601574) : ELISA E IAN con «Historias fabulosas»: Maxia.

Mércores día 29, na Biblioteca de Meicende (Teléfono 981 274027): XOAN CURIEL con «Conto-concerto para montar a túa banda de verán».

Xoves día 30, na Biblioteca de Pastoriza (Teléfono 981 644233): PAKOLAS con «Ramona Órbita, dona do tempo».

Xoves día 30, na Biblioteca Central (Teléfono 981 659106): BULULÚ con «Contos do revés».

OUTUBRO:

Sábado día 2, na Biblioteca Central: BEBECONTOS CON KIDS AND US, ás 11.30 horas.

Luns día 4, na Biblioteca de Oseiro: MAGO MARCO con «Maxia para soñar».

Martes día 5, na Biblioteca de O Froxel: PACO NOGUEIRAS con «Radio Bulebule».

Mércores día 6, na Biblioteca de Meicende: MAGO NIKO con «Obradoiro de Milagres: Maxia».

Mércores día 6, na Biblioteca Central: BEBECONTOS CON LÍA MAGALIA.

Xoves día 7, na Biblioteca de Pastoriza: BULULÚ con «Contos do revés».

Xoves día 7, na Biblioteca Central: BERROBAMBÁN (Paula Carballeira) con «Camiños de mar, terra e vento».

Xoves día 7, na Biblioteca de Meicende: BEBECONTOS CON MARISA IRIMIA.

Luns día 18, na Biblioteca de Oseiro: GALERNA CRÚA con «Brincadeira Pirata».

Martes día 19, na Biblioteca de O Froxel: XAROPE TULÚ con «Utopías: narración con obxectos».

Mércores día 20, na Biblioteca de Meicende: LAURA ROMERO con «Ouros, mouros e pelouros: Ilustrando a mitoloxía galega».

Mércores día 20, na Biblioteca Central: BEBECONTOS CON CAXOTO.

Xoves día 21, na Biblioteca Central: XAROPE TULÚ con «Utopías: narración con obxectos».

Xoves día 21, na Biblioteca de Meicende: BEBECONTOS CON LÍA MAGALIA.

Sábado día 23, na Biblioteca Central: CON KIDS AND US para rapazada de 3 a 7 anos, ás 11.30 horas.

Xoves día 28, na Biblioteca Central: TEATRO CALAVERA con «Os Contos da bruxa Chispum».

Xoves día 28, na Biblioteca de Pastoriza: BERROBAMBÁN (Paula Carballeira): «Camiños de mar, terra e vento».

Xa sabedes, calquera dúbida ou aclaración, chamade ao teléfono da Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» no 981 659106, por correo electrónico a biblioteca@arteixo.org ou nos teléfonos das outras bibliotecas para a vosa anotación.

Deja un comentario

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close