Actividades de Animación na Rede Municipal de Bibliotecas.

Como tódolos anos nestas datas chega a campaña de dinamización lectora organizada polo Concello de Arteixo a través da súa Rede Municipal de Bibliotecas en coordinación coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través de Ler Conta Moito.

Nesta entrada do blog, traemos o calendario das actividades que terán unha serie de características por mor do COVID-19 que a continuación detallamos:

  1. As inscricións serán vía telefónica a partir do luns día 21 de setembro.
  2. Aforo máximo para os contacontos: un total de 9 nenas e nenos.
  3. Aforo máximo para obradoiros: un total de 6 nenas e nenos.
  4. Aforo máximo para bebecontos: un total de 4 bebés coa compañía dunha persoa adulta.

Este aforo está marcado en función do espazo que temos. Manteremos distancias de seguridade e haberá que vir provistos de máscara, alomenos, nas persoas que así llo esixa a lei e lavaremos as máns con xel hidroalcólico antes do acceso á sala ou espazo infantil.

Para máis información, no momento da inscrición darémola, e podedes facer as preguntas que consideredes.

O calendario para este meses de setembro e outubro por biblioteca son:

BIBLIOTECA DE OSEIRO «DORA VÁZQUEZ»

(TELÉFONO 981 601945)

Luns, 28 de setembro: Leo Leíño con «A maxia de Mary Poppins». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas. Como é o primeiro día de apertura da biblioteca, será necesaria a inscrición chamando á Biblioteca Central «Henrique Rabuñal», ao 981 659108.

Luns, 5 de outubro: Trémola Teatro con «Nenas moi, moi valentes». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.

Luns, 19 de outubro: O Mago Paco con «Unha Maxia Diferente». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.

Luns, 26 de outubro: Obradoiro con Iván Serrano «Cociña Manga». Para rapazada de 6 a 11 anos. Ás 18.15 horas.

BIBLIOTECA DE O FROXEL «FRANCISCO A. VIDAL»

(TELÉFONO 981 601574)

Martes, 29 de setembro: Lía Magalía con «Obradoiro de arte». Para rapazada de 4 a 8 anos. Ás 18.30 horas.

Martes, 6 de outubro: Celtia Figueiras cun Obradoiro «Imaxinar tamén conta». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.15 horas.

Martes, 13 de outubro: Pablísimo con «Contos con ovos». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.

Martes, 20 de outubro: Obradoiro con Electra Menéndez «Escultura en Papel». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.00 horas.

BIBLIOTECA DE PASTORIZA «MIGUEL SANDE»

(TELÉFONO 981 644233)

Xoves, 1 de outubro: Leo Leíño con «A maxia de Mary Poppins». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.

Xoves, 8 de outubro: Trémola Teatro con «Nenas moi, moi valentes». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.

Xoves, 15 de outubro: O mago Paco con «Unha maxia diferente». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.

Xoves, 22 de outubro: Iván Serrano «Obradoiro de Chapas». Para rapazada de 6 a 11 anos. Ás 18.15 horas.

BIBLIOTECA DE MEICENDE «ANTÓN CASTRO»

(TELÉFONO 981 274027)

Xoves, 1 de outubro: Marisa Irimia con «Bebecontos». Para as crianzas de 1 a 3 anos. Ás 18.30 horas.

Mércores, 7 de outubro: Celtia Figueiras cun Obradoiro «Imaxinar tamén conta». Para rapazada de 6 a 11 anos. Ás 18.15 horas.

Mércores, 14 de outubro: Pablísimo con «Contos con ovos». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.

Mércores, 21 de outubro: Obradoiro con Electra Menéndez «Escultura en Papel». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.00 horas.

BIBLIOTECA CENTRAL DE ARTEIXO «HENRIQUE RABUÑAL» (TELÉFONO 981 659108)

Mércores, 30 de setembro: Marisa Irimia con «Bebecontos». Para as crianzas de 1 a 3 anos. Ás 18.30 horas.

Xoves, 1 de outubro: Lía Magalía cun «Obradoiro de Arte». Para a rapazada de 4 a 8 anos. Ás 18.30 horas.

Xoves, 8 de outubro: David Merelas con «A verdadeira historia de Hamelin». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.

Xoves, 15 de outubro: Elisa Alfaya con «Historias fabulosas dos magos e outras cousas». Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.

Xoves, 22 de outubro: Teatro Babaluva con «Ilustración con papel da palabra de Carvalho Calero». Para rapazada de 6 a 11 anos. Ás 18.15 horas.

1 comentario en “Actividades de Animación na Rede Municipal de Bibliotecas.

Deja un comentario

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close