Uso da sala infantil e recordatorio de actividades.

Podemos contarvos hoxe que xa podedes solicitar CITA PREVIA para usar as mesas na sala infantil da Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo.

Sala Infantil da Biblioteca Central.

Poderá acudir á sala toda aquela rapazada que, acompañada dun adulto permita manter unha distancia de seguridade establecida pola biblioteca, provistos de máscaras e que teña feito un lavado de mans co xel hidroalcólico previo ao acceso a devandita sala. O máximo de persoas por mesa será de 3. Para calquera aclaración consultade co persoal.

Ata o momento non podedes tocar os libros que queirades consultar, pero os podedes solicitar ás persoas traballadoras dispoñibles no mostrador da propia biblioteca.

Tamén tedes que ter en conta que o uso da sala quedará restrinxido os días que teñamos actividades programadas, porque se destinarán para ese evento exclusivamente. Actividades que por outra banda xa sabedes que temos nas outras bibliotecas da nosa rede.

Se queredes podedes acceder á seguinte ligazón para ver de novo as actividades xa programadas e para as que debedes solicitar inscrición por ter prazas limitadas, chamando aos teléfonos das diferentes bibliotecas: 981 659108 da Central, 981 274027 de Meicende, 981 601945 de Oseiro, 981 601574 de O Froxel e o 981 644233 de Pastoriza. Podedes facer calquera consulta tamén non correo electrónico biblioteca@arteixo.org.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close