Concurso de Narrativa: «30 anos de bibliotecas»

Sabes que a primeira Biblioteca Pública que se fixo no Concello de Arteixo foi no ano 1989? Chegarás tamén á conclusión de que este ano próximo, que está a piques de chegar, o 2019, será logo o que fará o número 30 desde tan importante acontecemento para a comunidade que representa o noso Concello.

Por esta razón, a Concellaría de Cultura que representa Ana Bello, a través da Rede Municipal de Bibliotecas, entre outras actividades, convoca un concurso de narrativa breve que festexará os 30 anos de bibliotecas. O día 23 de abril, entregarase o premio deste concurso no que poderán participar persoas maiores de idade, que deberán presentar un traballo dunha extensión mínima de 3 folios e máxima de 5 a duplo espazo antes do 8 de marzo.

Os premios para as persoas que resulten gañadoras serán 3:

1º Premio: 200 euros en libros e unha tableta.

2º Premio: 200 euros en libros.

3º Premio: 100 euros en libros.

Podedes consultar as bases na ligazón ao pé desta entrada, na páxina web do concello ou consultalas nunha das 5 bibliotecas que forman parte, hoxe, da nosa Rede Municipal. Xa imaxinas o que medrou a nosa rede desde aquela primeira biblioteca do edificio de Servizos Múltiples que se fundou fai 30 anos. 

E seguiremos medrando.

2 comentarios en “Concurso de Narrativa: «30 anos de bibliotecas»

  1. Reblogueó esto en Memórias ao Vento.

    Me gusta

Deja un comentario

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close