Animación para bebés de 1 a 3 anos.

Co mes de outubro retomamos as actividades ou sesións de contos para os máis cativos da casa: a infancia de 1 a 3 anos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Teremos dúas actividades na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» e outras dúas na Biblioteca de Meicende «Antón Castro».

Así, Charo Pita será a que faga a primeira actuación para bebés na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» o mércores día 3 de outubro, ás 18.50 horas. Ao día seguinte, estará na Biblioteca de Meicende «Antón Castro» pero xa ás 18.30 horas.

Logo, e previa inscrición, con 25 bebés e cadanseu acompañante, Cornelia Craft estará cantando e contando  na Biblioteca Central o día xoves 17 de outubro, ás 18.50 horas. O prazo para anotarse comeza o luns 1 de outubro.

E o día xoves, 18 de outubro, estará unha coñecida das cativas e cativos que foron ás súas animación: Patricia, de Purpurina Fun, na Biblioteca de Meicende ás 18.30 horas.

De momento é todo. Haberá mais no mes de novembro!!! Pero diso saberedes máis nas vindeiras datas.

 

Deja un comentario

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close