
Como tódolos anos nestas datas chega a campaña de dinamización lectora organizada polo Concello de Arteixo a través da súa Rede Municipal de Bibliotecas en coordinación coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través de Ler Conta Moito.
Nesta entrada do blog, traemos o calendario das actividades que terán unha serie de características por mor do COVID-19 que a continuación detallamos:
- As inscricións serán vía telefónica a partir do luns día 21 de setembro.
- Aforo máximo para os contacontos: un total de 9 nenas e nenos.
- Aforo máximo para obradoiros: un total de 6 nenas e nenos.
- Aforo máximo para bebecontos: un total de 4 bebés coa compañía dunha persoa adulta.
Este aforo está marcado en función do espazo que temos. Manteremos distancias de seguridade e haberá que vir provistos de máscara, alomenos, nas persoas que así llo esixa a lei e lavaremos as máns con xel hidroalcólico antes do acceso á sala ou espazo infantil.
Para máis información, no momento da inscrición darémola, e podedes facer as preguntas que consideredes.
O calendario para este meses de setembro e outubro por biblioteca son:
BIBLIOTECA DE OSEIRO “DORA VÁZQUEZ”
(TELÉFONO 981 601945)
Luns, 28 de setembro: Leo Leíño con “A maxia de Mary Poppins”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas. Como é o primeiro día de apertura da biblioteca, será necesaria a inscrición chamando á Biblioteca Central “Henrique Rabuñal”, ao 981 659108.
Luns, 5 de outubro: Trémola Teatro con “Nenas moi, moi valentes”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.
Luns, 19 de outubro: O Mago Paco con “Unha Maxia Diferente”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.
Luns, 26 de outubro: Obradoiro con Iván Serrano “Cociña Manga”. Para rapazada de 6 a 11 anos. Ás 18.15 horas.
BIBLIOTECA DE O FROXEL “FRANCISCO A. VIDAL”
(TELÉFONO 981 601574)
Martes, 29 de setembro: Lía Magalía con “Obradoiro de arte”. Para rapazada de 4 a 8 anos. Ás 18.30 horas.
Martes, 6 de outubro: Celtia Figueiras cun Obradoiro “Imaxinar tamén conta”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.15 horas.
Martes, 13 de outubro: Pablísimo con “Contos con ovos”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.
Martes, 20 de outubro: Obradoiro con Electra Menéndez “Escultura en Papel”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.00 horas.
BIBLIOTECA DE PASTORIZA “MIGUEL SANDE”
(TELÉFONO 981 644233)
Xoves, 1 de outubro: Leo Leíño con “A maxia de Mary Poppins”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.
Xoves, 8 de outubro: Trémola Teatro con “Nenas moi, moi valentes”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.
Xoves, 15 de outubro: O mago Paco con “Unha maxia diferente”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.
Xoves, 22 de outubro: Iván Serrano “Obradoiro de Chapas”. Para rapazada de 6 a 11 anos. Ás 18.15 horas.
BIBLIOTECA DE MEICENDE “ANTÓN CASTRO”
(TELÉFONO 981 274027)
Xoves, 1 de outubro: Marisa Irimia con “Bebecontos”. Para as crianzas de 1 a 3 anos. Ás 18.30 horas.
Mércores, 7 de outubro: Celtia Figueiras cun Obradoiro “Imaxinar tamén conta”. Para rapazada de 6 a 11 anos. Ás 18.15 horas.
Mércores, 14 de outubro: Pablísimo con “Contos con ovos”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.
Mércores, 21 de outubro: Obradoiro con Electra Menéndez “Escultura en Papel”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.00 horas.
BIBLIOTECA CENTRAL DE ARTEIXO “HENRIQUE RABUÑAL” (TELÉFONO 981 659108)
Mércores, 30 de setembro: Marisa Irimia con “Bebecontos”. Para as crianzas de 1 a 3 anos. Ás 18.30 horas.
Xoves, 1 de outubro: Lía Magalía cun “Obradoiro de Arte”. Para a rapazada de 4 a 8 anos. Ás 18.30 horas.
Xoves, 8 de outubro: David Merelas con “A verdadeira historia de Hamelin”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.
Xoves, 15 de outubro: Elisa Alfaya con “Historias fabulosas dos magos e outras cousas”. Para rapazada de 4 a 11 anos. Ás 18.30 horas.
Xoves, 22 de outubro: Teatro Babaluva con “Ilustración con papel da palabra de Carvalho Calero”. Para rapazada de 6 a 11 anos. Ás 18.15 horas.
1 comentario en “Actividades de Animación na Rede Municipal de Bibliotecas.”