Aviso sobre apertura de novos servizos na Biblioteca Central.

Desde o día 1 de xuño podedes acudir á Biblioteca Central de xeito presencial.

Segue sendo prioritaria a petición de cita previa no teléfono 981 659108 ou por correo electrónico biblioteca@arteixo.org.

Haberá dúas quendas para 6 postos, tanto de mañá como de tarde (esta última ata o día 12 de xuño).

As franxas horarias serán as seguintes:

  1. Mañá: de 9 a 11.30 e de 11.30 a 13.45 horas. Podedes solicitar por exemplo para as 10 pero teredes ata ás 11.30. Caso de que estea libre cando remate a franxa, poderedes optar por continuar.
  2. Tarde: de 16.30 a 18.15 e de 18.15 a 19.45.

A partir do día 15 de xuño, o horario será o exclusivo da mañá, ata ás 13.45 horas.

Tamén podedes solicitar cita para a utilización dos ordenadores do público con sesións de 60 minutos dentro das franxas horarios anteriores.

De todos os xeitos chamade e informaremos.

PROTOCOLO:

  1. Debedes acudir con mascarilla.
  2. Non se poden utilizar os fondos de xeito directo polo que debedes solicitar documentos (libros, películas…) para que os sirva o persoal da Biblioteca, ou ben traer títulos xa seleccionados por vos a través do OPAC WEB.
  3. Non haberá prensa nin revistas.
  4. Habilitaranse 6 postos de lectura na sala xeral e 4 de ordenadores na sala audiovisual.
  5. A sala infantil permanecerá pechada, pero podedes solicitar libros e películas infantís para o préstamo.

José Luis Alonso cóntanos neste audio, estes mesmos pasos. Recorda, a chamada telefónica é prioritaria e serve para aclarar mais rápido as vosas dúbidas e citas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close