Podcast Palabra de Biblioteca: con Alberto de Teo.

Novo podcast. Agora xa fora do confinamento, porque con prudencia, podemos ir traballando noutras cousas e xa imos tendo frontes abertos laborais que hai que atender como a atención ás persoas usuarias con cita previa.

Nesta nova época, comezamos con un profesional das bibliotecas co que José Luis Alonso e Fidel Mouzo tiñamos moitas gañas de falar: Alberto Llano, bibliotecario no Concello de Teo.

Alberto Llano nunha visita escolar este ano na Biblioteca de Os Tilos.

Con Alberto falamos de varias cousas, entre elas as peculiaridades das bibliotecas no seu Concello, sobre a resposta como Rede de Bibliotecas de Galicia que tivemos ante a reapertura das mesmas despois do confinamento, e cómo está a situación das propia bibliotecas (as de Teo e as de Arteixo) con relación aos sistemas de xestión bibliotecaria (Koha ou SophiA).

Pensamos darlle outra dinámica ao podcast desde este mesmo e variará a periodicidade e a duración dos mesmos. Deixemos que evolucione… 😉

Grazas a Alberto pola súa presenza connosco e xa quedamos emprazados a outra conversa mais adiante. 🙂

#podcast #galego #bibliotecasmunicipais #arteixo #teo #rededebibliotecasdegalicia

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close