En nome da Concelleira de Cultura, Ana Bello Vázquez, José Luis Alonso, o técnico responsable das bibliotecas de Arteixo remite a seguinte información:
PROTOCOLO APERTURA DA BIBLIOTECA CENTRAL DE ARTEIXO “HENRIQUE RABUÑAL”
Debido ao estado e percorrido da fase 1 de desescalada, as bibliotecas poden abrir as súas portas de novo, o que significa que podemos vernos outra vez pero existen certas restriccións que veñen dados polas medidas de seguridade que hai que implementar e que son as seguintes:
- Ata nova orde, a Biblioteca Central será a que abra as súas portas únicamente para realizar préstamos e recoller devolucións. A seguinte será a Biblioteca de Meicende, aínda que non temos data definitiva, xa iremos informando.
- Para poder acudir á biblioteca debedes solicitar cita con día e hora no teléfono 981 659108, ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org. Serán dúas personas traballadoras da biblioteca ás que cada 15 minutos atenderán a outras tantas persoas usuarias que desexedes pedir cita.
- Debedes acudir provistos de mascarilla propia e lavar as mans con hidroalcol que se facilitará na entrada do Centro Cívico ou na mesma biblioteca.
- Se queredes levar algún libro ou película en préstamo, debedes traer o título para que o teñamos dispoñible no momento da visita. Tamén o podedes solicitar na propia biblioteca para que podamos facilitalo pero dentro desa marxe de 15 minutos.
- Podedes facer reservas desde o OPAC WEB SOPHIA con todo o fondo a vosa disposición, agás os libros devoltos que teñan que gardar unha corentena de 14 días.
- Non se pode ter acceso directo aos fondos.
- A rapazada menor de 14 anos pode vir acompañada dun adulto.
- Procurade vir co carné para facilitar o traballo e poder ser máis áxiles.
- O horario será de 9.30 a 13.15 horas e de 16.45 a 19.45 horas (ata o 12 de xuño). A partir do 15 de xuño será en horario de mañá de 9.15 a 13.45 horas.
Tedes esta información no seguinte reproductor contada na voz do Bibliotecario José Luis Alonso, en formato podcast.