Este domingo 17 é o día grande da nosa literatura, o Día das letras galegas. Malia que os actos oficiais de conmemoración están adiados ata outubro non queremos pasar esta data sen salientar a figura de Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano, e do que falamos con Henrique Rabuñal neste podcast de Palabra de Biblioteca.

Seu é este texto, As pitas baixo a choiva, que vos deixamos hoxe na nosa #horadoconto, unha proposta que chega de Biblioteca de Narón a través da canle de YouTube de Nerea Paz
#quedanacasaele #bibliotecasmunicipais #horadoconto #aculturasegue
A partir do día do hoxe, e dado que as bibliotecas van cara a normalidade, algunhas con reapertura e outras coa planificación da mesma, esta iniciativa da Hora do Conto mentras quedas na casa, perderá a periodicidade diaria para convertirse en semanal. Xa vos contaremos. 😉