Hora do conto mentras quedas na casa 30: Corre, corre, cabaciña.

Son as 5 da tarde e aquí tede-lo conto de hoxe que ofrece a Biblioteca Municipal de A Pobra do Caramiñal.

“Corre, corre, cabaciña” é un relato popular portugués do que existen diferentes versións na tradición do país veciño. Este conto, a pesar de ser moi coñecido en tódolos países de fala portuguesa, nunca fora editado en galego ata que OQO fixo está magnífica edición na que a adaptación da historia corre a cargo da escritora galega Eva Mejuto e as ilustracións son de André Letria, moi coñecido alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal.

Portada do libro de hoxe.

Un grupo de usuarios e usuarias do CAD (Centro de Atención á Diversidade) da Pobra do Caramiñal, coordinado por Saray Pazos, fixo esta versión desde os seus domicilios, nestes tempos de confinamento.

Tamén vos deixamos o audio feito por Radio Fuco, en formato podcast, cunha iniciativa da Biblio de Fuco, concretamente do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA de Santa Comba (A Coruña), de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos.

#horadoconto #quedanacasaele #bibliotecasmunicipais #aculturasegue #podcast

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close