Aclaración sobre a devolución de préstamos.

Estamos a observar que estades contestando a correos enviados polo noso sistema de xestión SophiA, nos que vos pedimos a devolución de préstamos que tedes na casa. Estes correos estanlle a chegar as persoas usuarias que tiñan cousas pendentes e con retrasos de alomenos unha semana antes do confinamento. Non con préstamos en vigor, se non, con devolucións xa pendentes.

Por favor, compartide esta información con todas as persoas que sepades son usuarias das bibliotecas de Arteixo.

Exemplo de carta que están a recibir os que tiñan retraso sobre a devolución dos préstamos

Como xa sabedes, no seu día enviouse un correo electrónico e algunha nota a través das redes sociais das que dispoñemos, nas que vos aclaramos que todos aqueles préstamos que vencesen durante o confinamento ou na semana previa desta reclusión tiñan feita a renovación automática e non vos debíades preocupar.

Agora ben, aqueles préstamos que levaban máis dunha semana de atraso, non podíamos renovarllos.

Agardamos que esta nota sexa suficientemente aclaratoria e tede paciencia, queda menos para quedar na casa todas e todos, e tedes que pensar que SophiA ten automatizados algúns destes procesos. Seguro que cando nos podamos ver, o persoal das bibliotecas estará encantado de aclarar todas as dúbidas que precisedes. En calquera caso, no correo biblioteca@arteixo.org podedes consultar o que precisedes.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close