Alta en Galicia Le e o seu catálogo para lectura dixital.

A seguir, compartimos a información que a nosa compañeira Mónica, da Biblioteca de O Saviñao, compartiu coas súas persoas usuarias sobre a posibilidade de darse de alta en Galicia Le se aínda non o tiñas feito. Neste catálogo tedes opcións diversas de lectura: libro en galego, en castelán, para todas as idades, revistas…

Se tedes calquera dúbida ou precisades axuda, podedes contactar co correo electrónico: biblioteca@arteixo.org e tentaremos desde as nosas casas botar unha man dentro das nosas posibilidades. Deixámosvos co texto de Mónica de O Saviñao:

Debido á situación de confinamento forzoso na que nos atopamos, desde a Rede de Bibliotecas de Galicia habilitouse a posibilidade de darse de alta desde a casa, co fin de poder acceder á Biblioteca Dixital da rede.

galiciale

É tan sinxelo como entrar no seguinte enlace e cubrir os datos persoais despois de seleccionar o concello no que vives (se non o atopas, deberás seleccionar “Outra localidade”): https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl

galicialeweb

Aínda que o correo electrónico ou o número de teléfono non son obrigatorios, si que é moi recomendable que os indiques por se che xurden dúbidas ou tés problemas para acceder.

No prazo dun mes desde a fin da corentena deberás achegarte á biblioteca para obter o carné. De non facelo, a conta eliminarase e deixarás de ter acceso a GaliciaLe.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close