Certame Poético Homenaxe a Rosalía 2020 (Poema gañador e Fotos)

A seguir, tedes as fotos do Certame Poético Homenaxe a Rosalía de Castro organizado pola Concellaría de Cultura e Festas e a Rede Municipal de Bibliotecas do Concello de Arteixo.

Nun acto presentado polo bibliotecario José Luis Alonso Torreiro, onde estiveron exercendo de xurado: Alfredo Ferreiro Salgueiro, Pastora París Lago e Graciela Rabuñal García, animado este certame por Gemola e que contou coa presenza da Concelleira de Cultura Ana Bello Vázquez.

A gañadora deste ano resultou logo da súa composición poética e posterior recital, Noa Barreiro Pampín con A Aldea:

Chega o fin de semana,

parece que cheira a mar,

palilleiras con maña,

e historias que lembrar.

O lume das lareiras,

con olores sen igual,

fume das chimeneas,

quitan todo o noso mal.

As fiestras de madeira,

deixannos ver o monte,

sentada na cadeira,

mirando cara o lonxe.

Toda a vida lembrarei,

esta infancia miña,

e seguro contarei,

historias con morriña.

O resto de finalistas e premiadas foron as que seguen:

Na categoría de 4º de Primaria:

  • Finalista: “Amistad”, de Claudia Ríos.
  • 2º Premio: “Axuda”, de Manuel Díaz.
  • 1º Premio: “Lili”, de Mª Victoria Rodríguez.

Na categoría de 5º de Primaria:

  • 2º Premio: “Mi hermoso día”, de Nerea Ramírez.
  • 1º Premio: “Mejor amiga”, de Icía Rivas.

Na categoría de 6º de Primaria:

  • Finalista 2º: “O Fogar”, de Iván Castañeda.
  • Finalista 1º: “Marcho que teño que marchar”, de Flavia Lata.
  • 2º Premio: “A nosa infancia”, de Rita González.
  • 1º Premio: “A aldea”, de Noa Barreiro

Moitas grazas aos que acudiron como público a esta Homenaxe e noraboa a toda a rapazada participante no Certame Poético porque pode estar ben orgullosa dos seu traballo.

1 comentario en “Certame Poético Homenaxe a Rosalía 2020 (Poema gañador e Fotos)

  1. Felicitaciones a todas las poetas, a los organizadores y demás participantes por ese bello acto que reune tanto amor por la palabra “poesía” que da homenaje a la más grande poeta gallega internacional Rosalía de Castro.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close