Carlos Ocampo cos Clubs de Lectura de Arteixo.

O vindeiro martes día 1 de outubro, ás 17.30 horas na Sala dos Espellos do Centro Cívico Cultural de Arteixo, haberá unha charla co Terapeuta Carlos Ocampo chamada “SITUACIÓNS QUE NOS SUPERAN”.

Esta charla busca dar pistas sobre como tratar situacións que nos superan, recoñecendo os conflitos internos que activan en nós e propoñendo métodos para xestionalos e superalos. Vivímolas como experiencias ameazantes ou esmagadoras porque non temos medios para afrontalas ou un apoio emocional adecuado.

Aínda que potencialmente temos os recursos internos para afrontar situacións difíciles, por que ás veces nos superan?
Como recoñecer e recuperar estes recursos?
Como poñelos ao noso servizo e desenvolvelos?

Instante da conferencia realizada por Carlos Ocampo na Biblioteca González Garcés en A Coruña.
Fonte da fotografía: Facebook.
Un instante da conferencia realizada polo terapeuta no pasado mes de maio na Biblioteca González Garcés de A Coruña.

A charla, aínda que pensada inicialmente para as persoas que forman parte dos nosos clubs de lectura, é aberta ao público polo que o acceso é libre.

Recordade, o día 1 de outubro ás 17.30 horas. Se precisades máis información podedes chamar ao teléfono 981 659108 da Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo.

1 comentario en “Carlos Ocampo cos Clubs de Lectura de Arteixo.

  1. Disfrutaremos de este evento cuyo tema es importante y casi urgente en el mubdo actual. 🦋🦋🦋

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close