“Ler Conta Moito”, 26 actividades nas Bibliotecas de Arteixo.

Como cada ano o Concello de Arteixo, participa da campaña de dinamización lectora da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia con “Ler Conta Moito” en dúas vertentes: a convencional e outra de concienciación sobre a Igualdade de Xénero e Contra da Violencia de Xénero.

A maioría das actividades están enfocadas para rapazada de 4 a 11 anos, pero hai alomenos 4 actividades entre a biblioteca de Meicende e a Central de Arteixo, de BEBECONTOS DE 1 A 3 ANOS. Poñede ben o ollo.;)

Este ano o calendario durante estes meses de setembro e de outubro para estas 26 actividades, obradoiros e contacontos, queda nas diferentes bibliotecas da seguinte maneira e con horario das 18.30 horas agás as que especifiquen o contrario:

Biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez”

Luns, 23 de setembro: Asociación Pratodo Lucas Requejo “Contos pola nosa saúde. Ultrahorta, a superheroína de horta e saúde”. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Luns, 7 de outubro: O Mago PacoMaxia Divertida 2.0. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Venres, 18 de outubro: Leo Leíño “Pola igualdade dende a maxia”. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Luns, 21 de outubro: David MerelasA verdadeira historia de Hamelin“. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal”

Martes, 1 de outubro: Trémola Teatro “1! 2! 3! A que non o ves?”. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Martes, 8 de outubro: Carlos Martínez VázquezNa cociña” (Obradoiro sobre roles de xénero, instrumentos musicais moi especiais e alimentación). Para rapazada de 4 a 11 anos e con límite de 15 prazas por inscrición. Ás 18.15 horas.

Martes, 15 de outubro: David MerelasA verdadeira historia de Hamelin“. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Martes, 22 de outubro: Viravolta “Obradoiro de Títeres de variñas”. Para rapazada de 4 a 11 anos e con límite de 15 prazas por inscrición. Ás 18.15 horas.

Biblioteca de Meicende “Antón Castro”

Xoves, 26 de setembro: Tegra Vázquez “Sen Medo”. Para a rapazada de 4 a 11 anos.

Mércores, 2 de outubro: Teatro Calavera “Chocolate”. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Mércores, 9 de outubro: Miguel Cortés “Unha arte delicada: a papiroflexia”. Obradoiro con límite de 15 prazas, ás 18.15 horas. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Xoves, 10 de outubro: Carmen Domech “A carteira de Augasclaras”. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Mércores, 16 de outubro: O faiado de Nin “Deseño de bolsas/mochilas para lectoras e lectores”. Obradoiro con límite de 15 prazas, ás 18.00 horas. Para a rapazada de 6 a 12 anos.

Mércores, 23 de outubro: Pablísimo “Príncipas e princesos”. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Xoves, 24 de outubro: CONTACONTOS PARA BEBÉS CON CHARO PITA. Ás 18.30 horas. Por inscrición e prazas limitadas (consultade coa biblioteca). Para bebés de 1 a 3 anos.

Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”

Xoves, 10 de outubro: Carlos Coira “As marabillosas ideas do Señor Basilio”. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Xoves, 17 de outubro: Trémola Teatro “1! 2! 3! A que non o ves?”. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Xoves, 24 de outubro: Carlos Martínez VázquezNa cociña” (Obradoiro sobre roles de xénero, instrumentos musicais moi especiais e alimentación). Para rapazada de 4 a 11 anos e con límite de 15 prazas por inscrición. Ás 18.15 horas.

Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo

Martes, 24 de setembro: Pedro Brandariz “Non Máis Princesas”. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Mércores, 2 de outubro: CONTACONTOS PARA BEBÉS CON CAXOTO. Para bebés de 1 a 3 anos, previa inscrición na Biblioteca.

Xoves, 3 de outubro: Trémola Teatro “1! 2! 3! A que non o ves?”. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Xoves, 10 de outubro: Miguel Cortés “Unha arte delicada: a papiroflexia”. Obradoiro con límite de 15 prazas, ás 18.15 horas. Para rapazada de 4 a 11 anos.

Mércores, 16 de outubro: CONTACONTOS PARA BEBÉS CON KID’S AND US. Para bebés de 1 a 3 anos e ÁS 16.30 HORAS. Prazas limitadas por inscrición, consultade na biblioteca.

Xoves, 17 de outubro: Carlos Martínez VázquezNa cociña” (Obradoiro sobre roles de xénero, instrumentos musicais moi especiais e alimentación). Para rapazada de 4 a 11 anos e con límite de 15 prazas por inscrición. Ás 18.15 horas.

Mércores, 23 de outubro: CONTACONTOS PARA BEBÉS CON CHARO PITA. Ás 18.30 horas. Para bebés de 1 a 3 anos. Prazas limitadas e por inscrición (consultade coa biblioteca).

Xoves, 24 de outubro: Viravolta “Obradoiro de Títeres de variñas”. Para rapazada de 4 a 11 anos e con límite de 15 prazas por inscrición. Ás 18.15 horas.

Vaia mes e pico tan completo de actividades onde escoller pola variedade, e desfrutar polo divertido, das bibliotecas!

Podedes comezar a anotarvos nas actividades con límite de prazas a partir do luns día 16 de setembro. Serán por orde de inscrición ata cubrir as mesmas.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes chamar ao teléfono 981 659108 da Biblioteca Central “Henrique Rabuñal”.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close