Información sobre a Biblioteca de Pastoriza e comezo do horario de inverno.

Imos retomando a xeira de actividades e novas desde as bibliotecas logo da pausa que sempre supón o verán, agás as actividades que organizamos no mes de xullo e que foron un completo disfrute para a rapazada que estivo anotada. En poucos días teredes toda a información sobre as actividades que temos programadas para setembro e outubro.

Nesta entrada de blog vimos a informar de que desde principios deste mes de setembro a Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande” está aberta en horario de 10.15 a 13.45 horas, logo dun verán baixo mínimos debido a diversas circunstancias. Recorda que na Biblioteca tes prensa diaria, ordenadores con conexión a internet, wifi, un espazo pensado para as cativas e cativos e as últimas novidades bibliográficas e audiovisuais que van saíndo ao mercadoREDESCUBRE A BIBLIOTECA DE PASTORIZA!

Por outra banda, recordarde que a partir do próximo luns día 16 de setembro retomamos o horario de inverno na Rede de Bibliotecas Municipal de Arteixo. Así, o horario das diferentes bibliotecas é o que segue:

Biblioteca Central “Henrique Rabuñal”

De luns a venres, polas mañás de 9 a 13.30 horas e polas tardes de 16.30 a 20 horas. Os sábados, de outubro a maio, de 10.30 a 13 horas.

Contacto: 981 659108

Biblioteca de Meicende “Antón Castro”

De mércores a venres, polas mañás, de 9 a 13.30 horas e polas tardes, de luns a venres, de 16.30 a 20 horas.

Contacto: 981 274027

Biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez”

De luns a venres, polas tardes, de 16.30 a 20 horas.

Contacto: 981 601945

Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal”

De luns a venres, polas tardes, de 16.30 a 20 horas.

Contacto: 981 601574

Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”

De luns a venres, polas tardes, de 16.30 a 20 horas.

Contacto: 981 644233

Se queredes ter algunha información extra sobre ubicación, horarios ou servizos que ofrecemos nas Bibliotecas de Arteixo, podedes chamar aos teléfonos que tedes nesta entrada do blog ou enviar un correo electrónico a biblioteca@arteixo.org e o persoal das bibliotecas dirixidos por José Luis Alonso, o bibliotecario-arquiveiro a nivel técnico, e por Ana María Bello Vázquez como concelleira de Cultura, estaremos para axudar no que precisedes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close