Roteiro poético pola Costa de Arteixo con Xabier Maceiras e as Bibliotecas.

O vindeiro domingo día 30 de xuño, a Rede Municipal de Bibliotecas e o escritor arteixán Xabier Maceiras, organizan un roteiro poético literario polo paseo marítimo da costa arteixá. Esta é unha máis das actividades que vos ofrecemos para festexar o 30 aniversario de Bibliotecas en Arteixo.

A saída será as 11 da mañá desde a praia de Sabón, no arranque do paseo, e no percorrido Xabier Maceiras contará algunhas historias do mar arteixán, falará de lendas que dan nome a varios topónimos do litoral de Arteixo, e dará lectura a algúns textos nos que autores como Eduardo Pondal, Eugenio Carré ou, entre outros, o arteixán Antón Castro, mencionan esta parte do Atlántico.

Este percorrido ou roteiro finalizará na praia de Valcobo polo que é importante que sepades que haberá que volver polos nosos medios ou sobre os nosos pasos, ata o punto de partida.

A liña vermella indica o roteiro do vindeiro domingo día 30 de xuño.

Para saber máis cousas das historias do noso litoral da man da literatura e sobre todo, da paisaxe que nos ofrece o noso concello xunto a Xabier Maceiras, debes anotarte na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo, chamando ao teléfono 981 659108 ou por correo electrónico en biblioteca@arteixo.org. Se precisas aclaracións tamén podes usar estas vías de contacto que che ofrecemos para inscrición.

Anuncios

1 comentario en “Roteiro poético pola Costa de Arteixo con Xabier Maceiras e as Bibliotecas.

  1. Graciela rabuñal 7 junio, 2019 — 11:27 am

    Me parece maravilloso que la Biblioteca promueva un Roteiro Poético local. 👏👏👏

    Le gusta a 1 persona

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close