Ola. Presentamosvos neste blog un pasiño novo para visibilizar o traballo que facemos desde a Rede Municipal de Bibliotecas e ademáis establecer unha ponte de comunicación entre as persoas que estamos deste lado do mostrador convosco: as persoas usuarias do noso servizo.
Co gallo dos 30 anos de Bibliotecas en Arteixo, comezamos a publicación deste podcast ou video-podcast (xa que irá en formato audio publicado na rede de podcasting español máis importante), e en formato vídeo cunha imaxe fixa, pero na plataforma de contido audiovisual máis visitada no mundo que é Youtube. Todo isto coa única motivación de que chegue á maior cantidade de xente posible.
No primeiro podcast (aínda que houbo outras cousiñas antes e que están en iVoox e aínda podedes escoitar) José Luis Alonso Torreiro (o bibliotecario arquiveiro) e Fidel Mouzo Puertas (o axudante de biblioteca) falaranvos do que temos pensado para as vindeiras datas cunhas entrevistas que pensamos serán do voso interese e do que virá no futuro nesta nova canle de comunicación.
A continuación as dúas maneiras de escoitar o podcast:
Youtube:
iVoox:
Ir a descargarOs que participan neste podcast son José Luis Alonso Torreiro (director da Rede Municipal de Bibliotecas), Fidel Mouzo Puertas (axudante de biblioteca na Rede), David Vizoso Pérez (no deseño de logos e carátulas) e Javier Álvarez (na cesión de músicas sin dereitos de autor).
Me resultó muy grato oírlos y conocer un poco más de este Centro Cultural tan imporyante que ed la Biblioteca Central de Arteixo. ¡Felicitaciones!
Me gustaLe gusta a 1 persona
Muchas gracias Graciela. Vendrán más, esperemos que las que están por venir resulten igual de entretenidas e interesantes.
Me gustaMe gusta