Actividades no mes do libro: abril 2019. 30 anos de Bibliotecas

Ola! Traemos nesta entrada do blog da biblioteca un resumo das actividades que teremos nas nosas bibliotecas durante o mes de abril deste 2019, o mes do libro.

Por unha banda facemos o recordatorio das actividades que temos programadas para os bebés de 1 a 3 anos, xa que xa vos fixemos chegar esa información nas Escolas Infantís Municipais, Galiña Azul e os cursos de Educación infantil dos nosos colexios, pero aínda así tedes nas imaxes que a continuación vos poñemos a información sobre estas actividades que encantan ás crianzas e aos adultos que os acompañan… 🙂

Bebecontos en Arteixo. Teléfono 981 659108
Bebecontos en Meicende. Teléfono 981 274027

A seguir, tamén vos adxuntamos no documento en pdf ao que teredes enlace ao finalizar este parágrafo, as actividades para toda a rapazada de 4 a 11 anos. Serán talleres de Mandala (con Marisa Irimia), serán contacontos (con Tótem Xestión, Asociación Teatral Solaz Moraima (Teatro Calavera), Lisístrata…), será maxia (con Chrystyan Magic). Un bo feixe de actividades que de seguro farán moi entretido este mes do libro tan especial para nos, na rede municipal de bibliotecas que cumprimos, como sabedes, 30 anos.

Ademáis de todo isto, haberá un taller de Cosplay para rapazada de 12 a 16 anos con Lidia Aldeguer o día 1 de abril; tamén tedes actividades como o I Torneo de Xadrez “Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo” que se realizará o vindeiro día 22 de abril nas salas da biblioteca central coa colaboración do Club Xadrez de Arteixo; a conmemoración dos 30 anos de Bibliotecas o día 23 de abril, ás 20.30 horas coa entrega de premios do Certame Literario creado para a efeméride; e o sábado día 27 de abril a habitual saída ao feirón municipal co reparto de libros de balde procedentes de expurgos e doazóns; e ademáis, aínda que esta actividade non é aberta ao público, a rapazada de educación infantil das diferentes escolas do no noso concello, pasarán polas bibliotecas polas mañás a coñecer as máis próximas e nas que lles contarán moitas historias relacionadas cos libros.

Pensamos que é un mes atractivo e que hai actividades para todas as idades… preguntade as dúbidas que precisedes nas vosas bibliotecas no teléfono 981 659108 en horario de atención ao público ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org.

Celebra connosco os 30 anos de bibliotecas en Arteixo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close