Actividades nas Bibliotecas en febreiro e marzo.

Ola incondicionais! Moitas das persoas usuarias das bibliotecas estábades interesadas sobre cando chegarían as nosas actividades, contacontos e demáis… Tanto para rapazada ata 11-12 anos como para os bebés ata 3, pois chegaron! E veñen moi cargadiñas! Anotade! 🙂

Son moitas as actividades que temos programadas de agora e ata o mes de maio, xa que o 30 aniversario que festexamos este 2019 non é algo que se faga todos os anos. Pero as que achegamos a continuación abranguen febreiro e marzo.

Como novidade desta tanda de actividades están con moito peso talleres que ata o de agora nunca se fixeron nas nosas bibliotecas: cómic e manga, mandalas, chapas decorativas, radio teatralizada,… e que desenrolarán profesionais como Lidia Aldeguer, Marisa Irimia, Iván Serrano, Lisístrata, Ernesto Suárez (Co espectáculo 4, na Biblioteca de Oseiro)… non sei como o vedes, pero nós non deixaríamos pasar esta oportunidade…

E porqué volo dicimos? Porque serán actividades con limitación de prazas, xa que a atención que recibirán as e os asistentes serán moi personalizada e guiada. Na información enlazada observade ben os horarios (precísase sempre puntualidade) e respecto polas idades ás que van dirixidas. Sempre podedes preguntar ao persoal, pero ambas condicións son imprescindibles. Sobre as limitacións de prazas tamén vos informamos que se superamos as dispoñibles, faremos sorteo para asignalas. Sobre este particular é mellor que consultedes coas bibliotecas en horario de atención ao público para ter unha información máis completa.

Esta limitación de prazas tamén as teremos nas que sen dúbida son exitosas actividades para bebés de 1 a 3 anos. As persoas profesionais que estarán na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” e na Biblioteca de Meicende “Antón Castro” serán: Tótem Xestión, Caxoto e Cornelia Craft. Actividades nas que os bebés só estarán acompañados dunha persoa adulta. No tema dos horarios aquí somos especialmente estrictos: puntualidade.

Ademáis de todo isto, tamén o día 23 de febreiro, o día anterior á celebración do Día de Rosalía (24), adiantamos a nosa maneira de homenaxear a matriarca das letras galegas cun Recital Poético a cargo das nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria das nosas escolas, que compuxeron e participaron no concurso que organizamos desde as bibliotecas. Aínda tedes prazo ata o día 14 de febreiro para entregar os vosos poemas! 😉

Tedes mais información sobre este evento na seguinte ligazón.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close