Actividades para novembro e decembro.

Ola!

Desde a Rede Municipal de Bibliotecas achegamos a información sobre as diferentes actividades que temos programadas para a rapazada de 4 a 11 anos, agás algún obradoiro que terá unha recomendación algo maior, de 6 a 11. Recorda que son actividades para estas idades e que non estará permitida a entrada para rapazada menor desa idade. Nesta ligazón podes ver as actividades para as crianzas de 1 a 3 anos.

Entre as actividades que presentamos haberá algún obradoiro en Meicende que será por inscrición, con Fran Naveira, no que aprenderemos como creamos as historias e os persoaxes delas, escribindo, debuxando, facéndoas con plastilina ou en papel… En O Froxel estará a maxia de Chrystyan Magic co seu espectáculo “Enigma”.

No resto das bibliotecas tamén estarán Caxoto, Tótem Xestión, Cornelia Craft e Iván Serrano para facer que o ratiño que pase a rapazada nas nosas bibliotecas sexa o máis divertido posible con contos, cancións, humor…

Na ligazón que tes a continuación podes consultar toda a información que precises.

Programación de Novembro e Decembro para rapazada de 4 a 11 anos

Se consideras as actividades interesantes, axúdanos á súa difusión coas túas amizades, compañeir@s do cole ou quen consideres… por Whatsapp, compartindo en Facebook, Twitter, Telegram…

Recorda que o único que pedimos é puntualidade, facer caso das recomendacións por idades e ter moitas gañas de desfrutar dun espazo que é de todos! Para calquera dúbida ou aclaración, podes tamén chamar aos teléfonos das diferentes bibliotecas en horario de atención ao público que atopas na seguinte ligazón á páxina web do Concello.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close