Actividades para bebés de 1 a 3 anos en novembro e decembro.

Temos lista, desde a Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo, a programación de contacontos para bebés de 1 a 3 anos nos vindeiros meses de novembro e decembro.

Na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo:

O mércores 7 de novembro, estará Purpurina Fun ás 18.50 horas. Esta actividade ten unha limitación de prazas importante, xa que serán 15 nas que se anotará por orde de inscrición.

O mércores 14 de novembro, estará Cornelia Craft, ás 18.50 horas. Esta actividade era unha que se tivo que pospoñer e non vai na publicidade repartida polas escolas infantís porque era por anotación para o 17 de outubro e case non hai prazas. Preguntade dispoñibilidade.

O mércores 21 de novembro, Tótem Xestión estará na sala infantil da nosa biblioteca ás 18.50 horas.

O mércores 12 de decembro, Cornelia Craft estará na sala infantil cantando e contando tamén por inscrición de 25 bebés con cadanseu acompañante adulto.

c55c5c47d4a7c7e0b4461901c31bc0e4

Na Biblioteca de Meicende “Antón Castro”:

O xoves 15 de novembro, Tótem Xestión estará en Meicende, ás 18.30 horas para contar e cantar aos máis cativiños.

Lembrade que estas actividades son para as idades que propoñemos e que non se permitirá o acceso de ningunha rapazada que non teña esas idades. Esta medida faise polo restrinxido dos espazos dos que dispoñemos e ademáis temos actividades programadas para a rapazada maior. Grazas pola comprensión.

Para calquera dúbida ou aclaración chamade ao teléfono 981 659108 da Biblioteca Central de Arteixo e ao número 981 274027 da Biblioteca de Meicende.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close