Ler Conta Moito en Meicende: Charo Pita.

Charo Pita estivo na Biblioteca de Meicende «Antón Castro» con Dondondirindonga e Dondondirindón.

O día 4 de outubro bebés (de 1 a 3 anos) e maiores pasárono estupendamente participando de maneira moi activa nesta actividade na que Charo Pita cantou, acompañada de guitarra e de tambor africano, cancións das que tanto a letra como a música son da súa autoría, algunhas están no seu novo libro «No país do vento».

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Tamén dramatizou O trapiño de Ioké e, mesturando outros contos como Unha eiruga moi larpeira e Pío pío teceu unha historia que ten como protagonistas ás campás Dondondirindonga e Dondondirindón e a razón pola que deixan de tocar.

Durante 35 minutos o público, 20 bebés e 17 acompañantes, integrouse plenamente na actividade cantando, tocando palmas e «axudando» a contar historias nas que os obxectos e os sons se mesturaron en harmonía.

Deja un comentario