Onte xoves día 4 de outubro houbo outra actividade vinculada a Ler Conta Moito que organiza a Rede de Bibliotecas Municipais de Arteixo, pertencente á Concellería de Cultura en coordinación coa Xunta de Galicia. Desta volta organizouse na Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”, ás 18.50 horas.
A maga Leo Leíño inundou a Biblioteca de luces, música, animais… e por suposto, moita maxia. Contando historias incribles en contos, aderezadas con maxia por parte de Leo Leíño; historias nas que a ilusión e sorpresa da rapazada permítelles descubrir os mundos que están dentro dos libros.