A actividade de animación á lectura desta volta na Biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez” con Ler Conta Moito promovido pola Xunta de Galicia e a Consellería de Cultura da mesma e a Rede Municipal de Bibliotecas contou coa presenza como xa fixera na Biblioteca de Meicende “Antón Castro”, da Asociación Teatral Solaz Moraima “Chocolate”.
A sesión tivo dúas partes diferenciadas:
- Contacontos teatralizado con música e efectos especiais. Nesta parte contáronnos as aventuras que viviron o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, para conseguir o mellor chocolate que se atopa na Illa de Santo Tomé. Durante a súa travesía, Tomasa, atópase con diferentes personaxes e dificultades. Ao final acadará o seu obxectivo.
- Nesta segunda parte houbo un obradoiro culinario no que tanto as nenas e nenos como os seus acompañantes fixeron froitas sumerxidas en chocolate e decoradas con virutas de chocolate de cores.