Gañador do Certame de Poesía “Rosalía de Castro”, 2018

Co gallo da celebración do Día de Rosalía este pasado 24 de febreiro, celebrouse un acto con diversas actividades no Centro Cívico Cultural, organizado pola Concellería de Cultura de Arteixo, que encabeza Ana Bello Vazquez en colaboración coa Rede Municipal de Bibliotecas que dirixe José Luis Alonso Torreiro e que presentou e animou Ana Hermida (Asociación Lisístrata).

Neste acto que foi un éxito de asistencia, fíxose ademais o Recital dos poemas que a rapazada de 4º, 5º e 6º de primaria escribiu para participar no Concurso de Poesía organizado para conmemorar a data de nacemento da matriarca das Letras Galegas.
Así, a rapazada finalista por idades foi a seguinte:

Gañadora na categoría de 4º de primaria: Alejandra Rodríguez García co poema “As estacións”. Sendo finalistas Aldara Fernández Naya (“O que sinto mentres bailo”), Aroa Pontón Vázquez (“Recunchos de Aroa”) e Sara Lozano Mera (“Gato, gatiño gato”).
Gañador na categoría de 5º de primaria: David Lizón Ferro co poema “O meu pobo”. Sendo finalistas Marcelo Trincado Iglesias (“Xogar, falar, soñar”), Sofía García Díaz (“As catro estacións”) e Claudia Carballido Naya (“O meu cadro”).
Gañadora na categoría de 6º de primaria: Alba de Barros Vega co poema “Chega a noite”. Sendo finalistas Guillermo Naya González (“Parkour”), Adara Liseth Aldao Imbrecht (“Mi Venezuela”) e Adrián Lema Míguez (“O acoso ten que cesar”).

O gañador absoluto, que ademáis de facer o poema mais completo e facer o mellor recitado desde o punto de vista do xurado composto por Alfredo Ferreiro e as persoas que pertencen ao club de lectura de Arteixo que acudiron en representación do mesmo (María Luisa Gómez de Agüero, Graciela Rabuñal e Dores Rei), foi David Lizón Ferro.

A continuación podedes ver todas a fotos que puidemos facer do acto. Agardamos sexan do voso interese.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Ademáis podedes escoitar a continuación, unha mini entrevista que lle fixemos a David Lizón Ferro, o gañador, no que nos lee un extracto do seu poema “O meu pobo”.

Ir a descargar

Anuncios

2 comentarios en “Gañador do Certame de Poesía “Rosalía de Castro”, 2018

  1. Graciela rabuñal 26 febrero, 2018 — 10:02 pm

    Muchas gracias muy bonito quedó todo. María Graciela Rabuñal

    Le gusta a 1 persona

    1. Gracias a vosotras por vuestra colaboración.

      Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close